Escabeche

Bonito escabechado

O escabeche é mollo feito con aceite, allo,loureiro, vinagre e pemento doce, como ingredientes básicos, que se utiliza para conservar ou dar sabor ao peixe, a carne etc. [1][2].

Chámase así tamén ao alimento así obtido, o manxar que se cobre con este preparado, sexa en cru ou cociñado[3].

O escabechado é o proceso que consiste en pór a remollo un alimento en escabeche, co fin de prolongar a súa conservación e darlle sabor[4]. Tamén Este método está dentro das operacións denominadas en cociña como mariñada[2] e a técnica consiste basicamente no precocinado mediante un caldo de vinagre, aceite fritido, viño, loureiro e pementa en gran. É a transformación dunha preparación da cociña árabe.

  1. Definición no Portal das Palabras
  2. 2,0 2,1 VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  3. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  4. Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Developed by StudentB